O zoótropo . o enxeño algo máis elaborado era o praxinoscopio, artiluxios nos que os debuxos parecían cobrar vida.
Naqueles mesmos anos, William Henry Fox Talbot no Reino Unido e Louis Daguerre en Francia traballaban nun novo descubrimento que posibilitaría o desenvolvemento do cinematógrafo: a fotografía, xa que sen este invento previo non existiría o cine. Para 1852, as fotografías comezaron a substituír aos debuxos nos enxeños para ver imaxes animadas. A medida que a velocidade das emulsiones fotográficas aumentou, foi posible fotografar un movemento real en vez de poses fixas dese movemento. En 1877 o fotógrafo angloestadounidense Eadweard Muybridge empregou unha batería de 24 cámaras para gravar o ciclo de movementos do galope dun cabalo.
O desenvolvemento da primeira cámara de imaxes en movemento foi o que deu o fisiólogo francés Étienne Jules Marey, o seu cronofotógrafo portátil (unha especie de fusil fotográfico) movía unha única banda que permitía obter doce imaxes nunha placa xiratoria que completaba a súa revolución nun segundo. Sen embargo, a súa tira de película consistía nun papel mollado en aceite que se dobraba e se desgarraba con facilidade.
Para 1889, os inventores estadounidenses Hannibal Goodwin e George Eastman desenvolveron máis tiras de emulsión fotográfica de alta velocidade (que necesitaban pouco tempo para impresionarse) montadas nun celuloide resistente: a súa innovación eliminou un obstáculo esencial na experimentación coas imaxes en movemento.
04/03/2008 @ 15:11:21
por eva
Los malos de esta película quieren ...
26/02/2008 @ 23:05:55
por patna
¡Qué rapidez! Así da gusto, un ...
25/02/2008 @ 21:19:01
por eva
Hola,
¿has pensado en poner en ...
17/02/2008 @ 20:23:46
por eva
Hola ,
¿crees que sería posible ...
17/02/2008 @ 20:21:19
por eva